Compartir:

CUIÑO CUIÑO(Lóstrego)

Lóstrego

Comprar CUIÑO CUIÑO por 18,90€. Stock do produto segundo combinación, pick up clothes in store. Dispoñible en talles: s; m; l; xl; xxl.

Prezo, información, características e imaxes de CUIÑO CUIÑO pertence ás categorias Camisetas (36) y Unisex (46) e á marca Lóstrego (22).

Encontra produtos relacionados e de similares características a CUIÑO CUIÑO en "Camisetas".

Información

Camiseta de manga curta unisex - Branca. 100% Algodón

Se Nirvana revolucionou a música, Shin-Chan revolucionou a toda unha xeración… e agora están xuntos nesta camiseta! Inspirada na mítica portada de Nevermind, este deseño amosa ao pequeno traste de Kasukabe mergullándose tras o que máis quere: as súas galletas favoritas. Un toque de nostalxia, rock e humor galego nunha soa peza. Unha camiseta para auténticos fans da retranca!

A ilustración amosa a Shin-Chan emulando a portada de Nevermind, pero cambiando o dólar por algo moito máis importante: as súas galletas

Esta camiseta non é só unha peza de roupa, é un recordo da infancia, unha homenaxe ao anime e unha dose de retranca galega nunha soa prenda. Perfecta para regalar a calquera amante de Shin-Chan, do rock e do humor galego ou para darlle un toque nostálxico ao teu armario.


Clasificado en...

Algunha dúbida? Necesitas asesoramento?

Ponte en contacto connosco e resolveremos as túas dúbidas.

A Chorar A Cangas - Imaxe 1

A Chorar A Cangas

18,90€

Camisola A Chorar A Cangas. 100% AlgodónA protagonista desta camiseta non e unha cebola calquera. Non, non! Representa a mais epica das cebolas galegas, capaz de facer chorar ata un mariñeiro curtido. Pero non e so iso: e unha homenaxe as choronas de Cangas, esas mulleres contratadas para chorar nos enterros, porque en Galicia ata as penas teñen tradicion.Se es desa xente que dramatiza por calquera cousa (pero con humor).Se queres un agasallo orixinal para ese amigo que sempre se queixa.Se simplemente buscas unha camiseta con personalidade!

máis variacións

CORAZÓN DE XENTE MOI GRANDE - Imaxe 1CORAZÓN DE XENTE MOI GRANDE - Imaxe 2

CORAZÓN DE XENTE MOI GRANDE

18,90€

Camiseta de manga curta Unisex - NegraDeseño auténtico: Corazón anatómico coa banda azul inspirada na bandeira galega.¿Sentes o latexar de Galicia dentro de ti? Pois agora poderás lucilo con orgullo. Este deseño orixinal de Lóstrego mostra un corazón anatómico, coma se fose o mapa das nosas veas, mesturado coa potente frase “País pequeno de xente moi grande” e unha franxa azul que recorda á bandeira galega. Porque se algo nos define aos galegos é que, sendo poucos, facemos moito ruído (e sempre co corazón por diante).Se te emocionas escoitando un coro cantando “A Rianxeira” ou se presumes da túa terra alá onde vaias, esta camiseta vénche coma anel ao dedo. Expresa nun golpe de vista o que sentes: orgullo, raíces e a convicción de que, por moi pequena que sexa Galicia no mapa, a súa xente é enorme de corazón

máis variacións

LUKE, PASA PA' CASA

18,90€

Se creías que nada podía superar o “Luke, I am your father” de Darth Vader, espera a ver esta versión galega: “Luke, son a túa nai. Pasa pa’casa”. Unha camiseta que fusiona a saga intergaláctica máis famosa co poder sobrenatural (e algo intimidante) dunha nai galega dándoche a orde de voltar a casa. Porque nin os Sith nin os Jedi poden escapar da chamada dunha nai.

máis variacións

Marexada

18,90€

 Camiseta de manga curta Unisex - Branca. 100% AlgodónEste deseño fusiona a delicadeza e a forza de A gran onda de Kanagawa, do artista Katsushika Hokusai, coa retranca galega e a realidade dos nosos mares. Perfecto para amantes da arte, da meteoroloxía (¿por que non?), e da chispa que só se atopa en Galicia. Unha oda ás ondas, aos partes de Pemán e á cultura nipona, todo nunha prenda de Lóstrego que non pasa desapercibida.Mestura arte, humor e ADN galego nunha soa prenda. Se es dos que quedan hipnotizados vendo as ondas romper na costa, ou se medraches coa voz de Pemán anunciando “Ondas de 3 a 4”, esta camiseta faraiche sorrir cada vez que a leves posta

máis variacións

MORRIÑA

18,90€

Camiseta de manga curta Unisex - BrancaA morriña non se explica, séntese. É ese nó na gorxa cando estás lonxe da casa, esa emoción cando escoitas falar galego no estranxeiro, ese suspiro cando ulís a chuvia e ao mar.Esta camiseta rende homenaxe a un dos sentimentos máis profundos e universais de Galicia, cun deseño minimalista que di moito sen necesidade de adornos. Perfecta para os que levan Galicia no corazón, estean onde estean.

máis variacións

Pza.Amèrica Negro - Imaxe 1

Pza.Amèrica Negro

19,90€

A Praza de Amèrica viguesa, vista polo artista Julio Barreira 

máis variacións

Síguenos nas redes!

Queres axuda?

Chámanos ou escríbenos

Envío gratis en pedidos superiores a 50€*

consulta as condicións