Lóstrego

Lóstrego

Deseños feitos en Galicia con moita retranca

Atopa, compara e compra produtos da marca Lóstrego ao mellor prezo na nosa tenda online.

Información, características, fotos, prezos e ofertas de artículos da familia Lóstrego. 17 produtos dispoñibles en diferentes categorías.

Novedades, outlet e ofertas na sección Lóstrego.

Mostrando 17 de 17 produtos
Filtro

ordenar por

CUIÑO CUIÑO

18,90€

Camiseta de manga curta unisex - Branca. 100% AlgodónSe Nirvana revolucionou a música, Shin-Chan revolucionou a toda unha xeración… e agora están xuntos nesta camiseta! Inspirada na mítica portada de Nevermind, este deseño amosa ao pequeno traste de Kasukabe mergullándose tras o que máis quere: as súas galletas favoritas. Un toque de nostalxia, rock e humor galego nunha soa peza. Unha camiseta para auténticos fans da retranca!A ilustración amosa a Shin-Chan emulando a portada de Nevermind, pero cambiando o dólar por algo moito máis importante: as súas galletasEsta camiseta non é só unha peza de roupa, é un recordo da infancia, unha homenaxe ao anime e unha dose de retranca galega nunha soa prenda. Perfecta para regalar a calquera amante de Shin-Chan, do rock e do humor galego ou para darlle un toque nostálxico ao teu armario.

máis variacións

A Chorar A Cangas

18,90€

Camisola A Chorar A Cangas. 100% AlgodónA protagonista desta camiseta non e unha cebola calquera. Non, non! Representa a mais epica das cebolas galegas, capaz de facer chorar ata un mariñeiro curtido. Pero non e so iso: e unha homenaxe as choronas de Cangas, esas mulleres contratadas para chorar nos enterros, porque en Galicia ata as penas teñen tradicion.Se es desa xente que dramatiza por calquera cousa (pero con humor).Se queres un agasallo orixinal para ese amigo que sempre se queixa.Se simplemente buscas unha camiseta con personalidade!

máis variacións

Non vale Furar

18,90€

Camisola Non Vale Furar Negra. 100% algodónRecordas aqueles balóns Mikasa que parecían feitos de pedra? Pois imaxina tomar o teu café nesa mesma esencia noventeira. Esta cunca "Pakasa" é un tributo aos tempos nos que xogar ao fútbol era un deporte de risco e a frase máxica era “Non vale furar!”. Se o chute ía con forza de máis, había dous finais posibles: discusión ou fin de partido porque o dono da pelota collía o balón e dicía… Pakasa!O deseño transforma o logo mítico de Mikasa nunha versión chea de humor e morriña: “Pakasa, non vale furar”, perfecto para lembrar as finais épicas na praza coas porterías feitas con mochilas.Porque se xogaches con Mikasa, sabes de que vai. Esta camisola é para ti, que sobreviviches a balóns explosivos e a regras inventadas sobre a marcha. Ideal como agasallo para nostálxicos do fútbol rúa, ou como trofeo persoal ao espírito competitivo do recreo.

máis variacións

Marexada

18,90€

 Camiseta de manga curta Unisex - Branca. 100% AlgodónEste deseño fusiona a delicadeza e a forza de A gran onda de Kanagawa, do artista Katsushika Hokusai, coa retranca galega e a realidade dos nosos mares. Perfecto para amantes da arte, da meteoroloxía (¿por que non?), e da chispa que só se atopa en Galicia. Unha oda ás ondas, aos partes de Pemán e á cultura nipona, todo nunha prenda de Lóstrego que non pasa desapercibida.Mestura arte, humor e ADN galego nunha soa prenda. Se es dos que quedan hipnotizados vendo as ondas romper na costa, ou se medraches coa voz de Pemán anunciando “Ondas de 3 a 4”, esta camiseta faraiche sorrir cada vez que a leves posta

máis variacións

SANTA COMPAÑA

18,90€

Camiseta de manga curta unisex - NegraSe algunha vez escoitaches ruídos pola noite e pensaches: "Ai vén a Santa Compaña!", esta camiseta é perfecta para ti. Inspirada nunha das lendas máis arrepiantes de Galicia, este deseño combina misterio, tradición e retranca a partes iguais. Ideal para quen ame o folclore galego ou simplemente queira espantar a quen se lle achegue demasiado. Unha peza imprescindible para camiñar con estilo... e con medo.

máis variacións

MORRIÑA

18,90€

Camiseta de manga curta Unisex - BrancaA morriña non se explica, séntese. É ese nó na gorxa cando estás lonxe da casa, esa emoción cando escoitas falar galego no estranxeiro, ese suspiro cando ulís a chuvia e ao mar.Esta camiseta rende homenaxe a un dos sentimentos máis profundos e universais de Galicia, cun deseño minimalista que di moito sen necesidade de adornos. Perfecta para os que levan Galicia no corazón, estean onde estean.

máis variacións

BEBÁMOS COMO GALEGOS

18,90€

Camiseta de manga curta unisex negra. Se bebes, bebe como un galego! Esta camiseta de manga curta unisex é unha homenaxe á nosa cultura de festa, onde nunca falta un bo viño, unha tapa de polbo e unha conversa con retranca. Cómoda, con estilo e con esa esencia festeira que só un galego entende. Póñea e brinda con orgullo!

máis variacións

Einstein

18,90€

Camiseta manga curta unisex negra. Unha homenaxe a un dos maiores científicos da historia… cunha estética que te mete de cabeza nun mosh pit. Ideal para xente que ama a ciencia, o metal ou que simplemente goza dunha boa camiseta con mensaxe.

máis variacións

Suadoiro Bebamos Como Galegos - Imaxe 1

Suadoiro Bebamos Como Galegos

29,95€

Suadoiro Bebamos Como Galegos NegroSe vas brindar, faio con espírito galego! Este suadoiro unisex é un tributo á nosa maneira de celebrar: con viño do bo, polbo ben feito e moita retranca nas conversas. Quentiña, con moito rollo e ese aire de troula que só entendemos nós. Vístete con ela e celebra como se fose domingo en romaría!Se algo temos claro en Galicia, é que poucas cousas abrigan tanto como unha boa festa... e un suadoiro con retranca! Inspirada no espírito de “Vivamos como galegos”, esta peza de Lóstrego dálle unha volta ao conto e convírtese nunha declaración de intencións: bebemos, si... pero con estilo e con moito humor.Con deseño orixinal, é ideal para romarías con vento, furancheiros con alma de cantareiro, fans do licor café e todos aqueles que saben que a vida, como o viño, é mellor se se goza a grolos.

máis variacións

SEREA CASTELAO - Imaxe 1

SEREA CASTELAO

18,90€

Camisola unisex branca. 100% AlgodónO famoso escudo proposto por Castelao —serea tenante, foz, estrela de cinco puntas e o lema “Denantes mortos que escravos”— salta dos libros de historia directamente ao teu peito

máis variacións

MONCHOS - Imaxe 1

MONCHOS

18,90€

Camiseta de manga curta unisex - Negra. 100% AlgodónSe o rock ten un himno, a retranca galega tamén! A mítica estética dos Ramones recibe un bo baño de identidade galega con esta camiseta “Monchos”. No canto de Joey, Johnny e Dee Dee, aquí mandan Lolo, Sito, Paco, Pepe e Tucho, a banda definitiva para todo amante da cultura galega e do rock & roll. Unha camiseta que berra “Hey! Ho! Imos aló!”Se pensabas que Galicia non tiña a súa propia banda de rock icónica... estabas moi equivocado! Presentamos aos Monchos, os verdadeiros reis do escenario, os que sempre teñen un chiste no furancho e que son capaces de tocar un solo de guitarra cunha cunca de viño na man.Inspirada no mítico logo dos Ramones, esta camiseta é unha homenaxe ao espírito rebelde do rock, pero con nomes ben coñecidos en Galicia. Porque non fai falta chamarse Johnny ou Joey para facer historia… con Lolo, Sito, Paco, Pepe e Tucho xa temos de sobra para un festival enteiro.Esta prenda é máis que unha simple camiseta; é un símbolo do amor polo rock, a retranca e os nomes máis míticos da nosa terra. Perfecta para regalar ou para levar con orgullo, xa sexa no festival de Ortigueira ou no bar de sempre, discutindo cal foi o mellor concerto que viches na túa vida.

máis variacións

Nacións Celtas Blanca - Imaxe 1

Nacións Celtas Blanca

18,90€

Descubre a camiseta de manga curta unisex "Nacións Celtas" de Lóstrego, que rende homenaxe ás dez nacións celtas históricas. Confeccionada en algodón de alta calidade, esta prenda ofrece comodidadA ilustración do mapa enfatiza a conexión e a unidade das nacións celtas, resaltando os seus símbolos e emblemas característicos.

máis variacións

Nacións Celtas - Imaxe 1

Nacións Celtas

18,90€

Camisola Nacións Celtas cor marrónDescubre a camiseta de manga curta unisex "Nacións Celtas" de Lóstrego, que rende homenaxe ás dez nacións celtas históricas. Confeccionada en algodón de alta calidade, esta prenda ofrece comodidade e estilo para quen desexa levar consigo un símbolo da rica herdanza celta.A ilustración do mapa enfatiza a conexión e a unidade das nacións celtas, resaltando os seus símbolos e emblemas característicos.Esta prenda é ideal para aqueles que senten unha conexión especial coa cultura celta e desexan expresar o seu orgullo por este legado. É perfecta para eventos culturais, festivais ou simplemente para o día a día, amosando sempre un toque de identidade celta.

máis variacións

CORAZÓN DE XENTE MOI GRANDE - Imaxe 1CORAZÓN DE XENTE MOI GRANDE - Imaxe 2

CORAZÓN DE XENTE MOI GRANDE

18,90€

Camiseta de manga curta Unisex - NegraDeseño auténtico: Corazón anatómico coa banda azul inspirada na bandeira galega.¿Sentes o latexar de Galicia dentro de ti? Pois agora poderás lucilo con orgullo. Este deseño orixinal de Lóstrego mostra un corazón anatómico, coma se fose o mapa das nosas veas, mesturado coa potente frase “País pequeno de xente moi grande” e unha franxa azul que recorda á bandeira galega. Porque se algo nos define aos galegos é que, sendo poucos, facemos moito ruído (e sempre co corazón por diante).Se te emocionas escoitando un coro cantando “A Rianxeira” ou se presumes da túa terra alá onde vaias, esta camiseta vénche coma anel ao dedo. Expresa nun golpe de vista o que sentes: orgullo, raíces e a convicción de que, por moi pequena que sexa Galicia no mapa, a súa xente é enorme de corazón

máis variacións

ROSALÍA - Imaxe 1

ROSALÍA

18,90€

Camiseta de manga curta Unisex - NegraQuen dixo que as camisetas non poden ter alma galega? Esta ten máis identidade ca unha taberna nun día de feira. Con Rosalía de Castro e a súa frase máis emblemática, non hai mellor forma de mostrar que o teu corazón (e estilo) levan denominación de orixen galega. Para os que levan Galicia no peito... literalmente.

máis variacións

LUKE, PASA PA' CASA - Imaxe 1

LUKE, PASA PA' CASA

18,90€

Se creías que nada podía superar o “Luke, I am your father” de Darth Vader, espera a ver esta versión galega: “Luke, son a túa nai. Pasa pa’casa”. Unha camiseta que fusiona a saga intergaláctica máis famosa co poder sobrenatural (e algo intimidante) dunha nai galega dándoche a orde de voltar a casa. Porque nin os Sith nin os Jedi poden escapar da chamada dunha nai.

máis variacións

Galego Na Lúa - Imaxe 1

Galego Na Lúa

18,90€

Camiseta en cor branco, perfecta para os que levan á terriña no corazón, mesmo cando están mais aló da estratosfera

máis variacións

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.