Compartir:

Marexada(Lóstrego)

Lóstrego

Comprar Marexada por 18,90€. Stock do produto segundo combinación, pick up clothes in store. Dispoñible en talles: s; m; l; xl; xxl.

Prezo, información, características e imaxes de Marexada pertence ás categorias Camisetas (36) y Unisex (46) e á marca Lóstrego (22).

Encontra produtos relacionados e de similares características a Marexada en "Camisetas".

Información

 Camiseta de manga curta Unisex - Branca. 100% Algodón

Este deseño fusiona a delicadeza e a forza de A gran onda de Kanagawa, do artista Katsushika Hokusai, coa retranca galega e a realidade dos nosos mares. Perfecto para amantes da arte, da meteoroloxía (¿por que non?), e da chispa que só se atopa en Galicia. Unha oda ás ondas, aos partes de Pemán e á cultura nipona, todo nunha prenda de Lóstrego que non pasa desapercibida.

Mestura arte, humor e ADN galego nunha soa prenda. Se es dos que quedan hipnotizados vendo as ondas romper na costa, ou se medraches coa voz de Pemán anunciando “Ondas de 3 a 4”, esta camiseta faraiche sorrir cada vez que a leves posta

Clasificado en...

Algunha dúbida? Necesitas asesoramento?

Ponte en contacto connosco e resolveremos as túas dúbidas.

Castelao

19,90€

100% algodòn orgànicoCalidade premium 350 g/m²Pescozo redondo acanalado con cinta interior 

máis variacións

Castelao - Imaxe 1

Castelao

15,90€

Camiseta negra homenaxe a Castelao 

máis variacións

MONCHOS - Imaxe 1

MONCHOS

18,90€

Camiseta de manga curta unisex - Negra. 100% AlgodónSe o rock ten un himno, a retranca galega tamén! A mítica estética dos Ramones recibe un bo baño de identidade galega con esta camiseta “Monchos”. No canto de Joey, Johnny e Dee Dee, aquí mandan Lolo, Sito, Paco, Pepe e Tucho, a banda definitiva para todo amante da cultura galega e do rock & roll. Unha camiseta que berra “Hey! Ho! Imos aló!”Se pensabas que Galicia non tiña a súa propia banda de rock icónica... estabas moi equivocado! Presentamos aos Monchos, os verdadeiros reis do escenario, os que sempre teñen un chiste no furancho e que son capaces de tocar un solo de guitarra cunha cunca de viño na man.Inspirada no mítico logo dos Ramones, esta camiseta é unha homenaxe ao espírito rebelde do rock, pero con nomes ben coñecidos en Galicia. Porque non fai falta chamarse Johnny ou Joey para facer historia… con Lolo, Sito, Paco, Pepe e Tucho xa temos de sobra para un festival enteiro.Esta prenda é máis que unha simple camiseta; é un símbolo do amor polo rock, a retranca e os nomes máis míticos da nosa terra. Perfecta para regalar ou para levar con orgullo, xa sexa no festival de Ortigueira ou no bar de sempre, discutindo cal foi o mellor concerto que viches na túa vida.

máis variacións

Nacións Celtas - Imaxe 1

Nacións Celtas

18,90€

Camisola Nacións Celtas cor marrónDescubre a camiseta de manga curta unisex "Nacións Celtas" de Lóstrego, que rende homenaxe ás dez nacións celtas históricas. Confeccionada en algodón de alta calidade, esta prenda ofrece comodidade e estilo para quen desexa levar consigo un símbolo da rica herdanza celta.A ilustración do mapa enfatiza a conexión e a unidade das nacións celtas, resaltando os seus símbolos e emblemas característicos.Esta prenda é ideal para aqueles que senten unha conexión especial coa cultura celta e desexan expresar o seu orgullo por este legado. É perfecta para eventos culturais, festivais ou simplemente para o día a día, amosando sempre un toque de identidade celta.

máis variacións

Verme Noxento - Imaxe 1

Verme Noxento

18,90€

Imaxinas a Vexeta soltando insultos en galego? Pois así vivimos moitos nos 90, grazas ao Xabarín Club da TVG. Este deseño captura aquel momento épico onde o Príncipe dos Saiyans soltaba a frase máis contundente da historia das dobraxes: "Voute esnaquizar, verme noxento".Nesta camiseta, o rostro desafiante de Vexeta contrasta cun fondo negro, subliñado por trazos laranxas cheos de enerxía. Un tributo á fusión entre a cultura anime e a retranca galega, co estilo inconfundible de Lóstrego. Se medraches con Dragon Ball no Xabarín Club ou simplemente che encanta a actitude chulesca de Vexeta, non pode faltar no teu armario.Se Vexeta xa impoñía en Dragon Ball, na súa versión galega faino aínda máis. Esta camiseta rende homenaxe a unha das frases máis recordadas da dobraxe da TVG no Xabarín Club: "Voute esnaquizar, verme noxento". Un deseño en tons laranxa sobre fondo negro que porá a proba o teu ki e o teu amor pola retranca galega. Perfecta para fans da saga e da televisión da nosa infancia.

máis variacións

Vigo Nadal

14,95€

Camiseta orixinal e divertida sobre o nadal vigués 

máis variacións

Síguenos nas redes!

Queres axuda?

Chámanos ou escríbenos

Envío gratis en pedidos superiores a 50€*

consulta as condicións